Diccionarios

mércores, 27 de abril de 2016

Sumas de dos cifras sen levadas

Hoxe, por primeira vez, vimos as sumas de dos cifras sen lavadas. É moi importante seguir os pasos que pon no libro. Saber como colocar os números é o primeiro.
Deixo unhas actividades interactivas de sumas para facer en casa no ordenador porque hai que practicalo moito.
Pero primeiro un video onde se explica paso a paso como no libro.

Actividades de sumas 1
Acticidades de sumas 2

mércores, 20 de abril de 2016

Clasificamos animais

Os animais son seres vivos, eso significa que nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren.
Entre os seres vivos os máis coñecidos son os animais e as plantas. A diferenza entre eles é que os animais pódense desprazar pero non poden producir o seu propio alimento e polo tanto teñen que obtelo do seu entorno.

Xogo interactivo 1

Existen millóns de especies de animais no noso planeta e podemos clasificalos de varias formas.
Nós aprendimos a clasificalos da seguinte maneira:


Segundo a súa alimentación os animais poden ser CARNÍVOROS, HERBÍVOROS ou OMNÍVOROS.


Segundo o seu nacemento poden ser: VIVÍPAROS se nacen do ventre da súa nai ou OVÍPAROS se nacen de ovos.

 Xogo interactivo 2


Pronto aprenderemos outras clasificacións como os animais salvaxes y animais domésticos , vertebrados e invertebrados e por suposto, dentro dos vertebrados:  MAMÍFEROS, PEIXES, AVES, RÉPTILES E ANFÍBIOS.

Enlace actividades interactivas3

Enlace a actividade e xogos interactivos en galego 4





Para disfrutar do inglés en casa, recoméndovos Magic English. É doado e moi divertido. Deixo este dos animais salvaxes pero tedes sobre as cores, etc.




Nos conocemos un poco más

En una de las pasadas sesiones de Educación en Valores estuvimos haciendo un dibujo en el que plasmamos alguna situación en la cual nos sentíamos felices y otra en la que nos sentíamos estresados o tristes. Eso ayuda a reconocer esas emociones y también poder ayudar a superar algunas situaciones con el grupo, si es el caso.
Podéis ver en los vídeos que se expresaron de maravilla.
(Ese día debieron de faltar algunos niños¿?)




martes, 12 de abril de 2016

Quitando as barreiras da comunicación

Esta mañá recibimos a visita de Aránzazu e Tania, dúas profesoras que nos ensinaron a forma en que se comunican as persoas xordas. Isto foi grazas ao ANPA do cole que pensou utilizar estas ensinanzas para sensibilizarnos na convivencia e axudar a que os espazos comúns do cole, como pode ser o comedor, sexan máis tranquilos.

En só unha sesión ensináronnos moitas palabras: "Bo día!, por favor, grazas, como se di..." ademais de nomes de froitas e cores entre outras cousas.

Foi moi interesante e divertido e esperamos usalo cada día.

As profesoras son dun equipo de profesionais de interpretación e as artes chamado AZ lengua de signos. Recoméndovos visitar o seu blog, premendo aquí.

Déixovos un vídeo para que as mamás e os papás poidades ver o ben que o pasamos e como dominaba o silencio en case toda a sesión.



Despois na clase, vimos un video que nos dixo a profesora que víramos. Volo deixo tamén aquí, xa que moitos queriamos volver a velo.








xoves, 7 de abril de 2016

coruña

habia un planetario y un acuario y tanbien un museo se llamaba Domus me lo pase mui bien habia cosas mui interesantes
escrito por Alba