Diccionarios

martes, 12 de abril de 2016

Quitando as barreiras da comunicación

Esta mañá recibimos a visita de Aránzazu e Tania, dúas profesoras que nos ensinaron a forma en que se comunican as persoas xordas. Isto foi grazas ao ANPA do cole que pensou utilizar estas ensinanzas para sensibilizarnos na convivencia e axudar a que os espazos comúns do cole, como pode ser o comedor, sexan máis tranquilos.

En só unha sesión ensináronnos moitas palabras: "Bo día!, por favor, grazas, como se di..." ademais de nomes de froitas e cores entre outras cousas.

Foi moi interesante e divertido e esperamos usalo cada día.

As profesoras son dun equipo de profesionais de interpretación e as artes chamado AZ lengua de signos. Recoméndovos visitar o seu blog, premendo aquí.

Déixovos un vídeo para que as mamás e os papás poidades ver o ben que o pasamos e como dominaba o silencio en case toda a sesión.



Despois na clase, vimos un video que nos dixo a profesora que víramos. Volo deixo tamén aquí, xa que moitos queriamos volver a velo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario