Diccionarios

venres, 29 de xaneiro de 2016

¡QUÉ VIVA LA PAZ!

Todos los de 1ºB nos comprometemos a dar paz y amor a los demás y a tirar a la basura los malos gestos.


¡Os deseamos a todos paz en vuestras vidas y os invitamos a que la compartáis con los que están a vuestro alrededor!

Estas son nuestras palabras de paz que lanzamos al mundo,

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Hacemos galletas, ¡¡¡ñam!!!

Las recetas se van sumando y ya tenemos otra. Esta receta que nos muestra Carmiña trata sobre las galletas para Navidad. ¡Esperamos que os guste!


¿Cómo se monta un árbol de Navidad?

Nuestra compañera María nos mostró la forma de montar el árbol de Navidad y así también pasar un tiempo en familia ¡Cómo debe ser, sobre todo en esas fechas!

¡Muchas gracias a la familia de María!


sábado, 16 de xaneiro de 2016

Un malabarista no cole

Tivemos a sorte de que o primo de Anxo N. fai malabares. Foi tan amable que dedicou tempo (mais do que esperaba) a mostrarlles aos cursos que traballabamos o proxecto do circo como se fai. Sen dúbida, con moita práctica. Grazas Dani, de parte de todos!





venres, 15 de xaneiro de 2016

Dúas serpes nos zapatos

Hoxe estivemos practicando a atar os novos zapatos, ¡Esperemos que ninguén corte os cordóns coas pinzas e que todos acabemos por facelo moi ben!




xoves, 14 de xaneiro de 2016

Decenas e Unidades

Esta semana seguimos coas DECENAS e UNIDADES. Para practicalo déixovos uns enlaces aos xogos que a profe Paula deixou no blog de 1ºA. Non vos esquezades de visitalo. Tedes un montón de recursos.



http://www.abcya.com/base_ten_bingo.htm

http://www.learningbox.com/base10/BaseTen.html

http://www.ictgames.com/sharkNumbers/sharkNumbers_v5.html

Degustación da castaña

Grazas as familias e a súa paciencia, no cole puidemos degustar moitos doces feitos de castaña que estaban deliciosos.










Ademais puidemos coñecer o gusto pola cociña dalgunhas alumnas coma Alba que nos deixou ademais un video para saber como preparar... ¡Unha tarta de Samain!








O pasado Samaín

Aquí vos deixo as fotos do pasado Samaín para ir poñendo o blog un pouco mais ao día cun pouco de maquillaxe por aqui e unha exposición de cabazas por alá.

martes, 12 de xaneiro de 2016

Quen é este home?

Se hoxe vos coincidiu en navegar por internet e abrir a páxina de Google, seguramente puidestes ver que o "Doodle" era un debuxo dalgún conto infantil. E porque hoxe é o 388º aniversario do nacemento do autor de contos coma Carapuchiña vermella, Cincenta ou O gato con botas entre outros, todos coñecidos mundialmente e tan queridos polos nosos caranguexos e por suposto por nós cando eramos nenos. O seu nome é Charles (Carlos) Perrault e é o tipo do retrato.


Se ledes un pouco a biografía do señor Perrault podedes saber que os contos non foron inventados totalmente por el senon que eran contos populares que se contaban de forma oral ata que decidiu escribilos e reunilos nun libro que era coñecido polo nome de "Contos de mamá Oca". E tamén foi o precursor de engadir unha moralexa ao final de cada conto.

Hoxe os caranguexos coñeceron un pouco sobre este home e mañá poderán colorear unha ficha sobre el traballando no seu escritorio pero se están impacientes por facelo podedes premer aquí e colorealo online.

Tamén podedes ler algún dos seus contos.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Benvidos todos ao blog de aula!

 Non foi sen tempo pero esperemos que se poida actualizar acotío con cousas interesantes, útiles e tamén divertidas con axuda dos pequenos caranguexos de 1ºB xa que eles son os protagonistas e por suposto coa vosa colaboración: nais e pais caranguexos.

Iremos poñéndovos ao día pero tamén irei colgando pouco a pouco algunhas fotos e algúns vídeos de actividades que fixemos ao longo do trimestre pasado.

Pois ben, ¡Imos comezando! Sabedes que estivemos convertendo a nosa aula nun circo ou polo menos en algo parecido, decorando o noso espazo dentro e fora da aula. Aprendimos sobre as distintas personaxes que traballan nel que son mais dos que pensabamos. Algo moi importante que tamén aprendimos foi o valor do respecto aos animais. Sabemos que por sorte, os circos que utilizan animais cada vez son menos e que nalgunhas cidades coma Vigo non están permitidos.

Ter respecto polos demais seres vivos, sexan pequenos, grandes ou tan distintos a nós do que poidamos imaxinar, é un valor fundamental que dende moi cativos debemos aprender. (Non se trata de comer carne ou non. Trátase de non maltratar)


Unha das cousas que nos levou tempo foi decorar a porta coma se fose a entrada da carpa. Cada un dos nosos caranguexos fixeron un globo co seu nome. Decoraron tamén o pallaso xigante a quen se lle escaparon todos os globos.





Outras decoracións como os pallasos que colorearon e nos globos debuxaron a cara dos seres queridos. Fixeron tamén marcadores








sábado, 9 de xaneiro de 2016

La Tierra gira alrededor de una morcilla

{...} ¿O es que no sabes distinguir una verdadera necedad?
¡Vaya!, pensó. ¡Hay que ver! Con la de tonterías que ella solía decir siempre y ahora no se le ocurría ninguna.
Probó a decir una perogrullada:
- La tierra gira alrededor de una morcilla.
- ¿Eso es una necedad?
-¡Claro! ¡¡La Tierra gira alrededor de su eje!! -dijo orgullosa de poder mostrar sus conocimientos.
-¿Y cómo lo sabes? ¿Lo has visto alguna vez?
-¡No, claro! Es un eje imaginario.
-¿Y por qué, en vez de imaginarte que la Tierra gira alrededor de un eje que no has visto y te lo imaginas, no te puedes imaginar que gira alrededor de una morcilla?
Con esa necedad nos tirarían otra vez por la ventana. {...}













"La palabra reb/velada o de cómo Lewis Carroll
perdió el don de la palabra" 
Magdalena Vela      Ed. Anaya