Diccionarios

domingo, 10 de xaneiro de 2016

Benvidos todos ao blog de aula!

 Non foi sen tempo pero esperemos que se poida actualizar acotío con cousas interesantes, útiles e tamén divertidas con axuda dos pequenos caranguexos de 1ºB xa que eles son os protagonistas e por suposto coa vosa colaboración: nais e pais caranguexos.

Iremos poñéndovos ao día pero tamén irei colgando pouco a pouco algunhas fotos e algúns vídeos de actividades que fixemos ao longo do trimestre pasado.

Pois ben, ¡Imos comezando! Sabedes que estivemos convertendo a nosa aula nun circo ou polo menos en algo parecido, decorando o noso espazo dentro e fora da aula. Aprendimos sobre as distintas personaxes que traballan nel que son mais dos que pensabamos. Algo moi importante que tamén aprendimos foi o valor do respecto aos animais. Sabemos que por sorte, os circos que utilizan animais cada vez son menos e que nalgunhas cidades coma Vigo non están permitidos.

Ter respecto polos demais seres vivos, sexan pequenos, grandes ou tan distintos a nós do que poidamos imaxinar, é un valor fundamental que dende moi cativos debemos aprender. (Non se trata de comer carne ou non. Trátase de non maltratar)


Unha das cousas que nos levou tempo foi decorar a porta coma se fose a entrada da carpa. Cada un dos nosos caranguexos fixeron un globo co seu nome. Decoraron tamén o pallaso xigante a quen se lle escaparon todos os globos.





Outras decoracións como os pallasos que colorearon e nos globos debuxaron a cara dos seres queridos. Fixeron tamén marcadores








Ningún comentario:

Publicar un comentario