Diccionarios

martes, 12 de xaneiro de 2016

Quen é este home?

Se hoxe vos coincidiu en navegar por internet e abrir a páxina de Google, seguramente puidestes ver que o "Doodle" era un debuxo dalgún conto infantil. E porque hoxe é o 388º aniversario do nacemento do autor de contos coma Carapuchiña vermella, Cincenta ou O gato con botas entre outros, todos coñecidos mundialmente e tan queridos polos nosos caranguexos e por suposto por nós cando eramos nenos. O seu nome é Charles (Carlos) Perrault e é o tipo do retrato.


Se ledes un pouco a biografía do señor Perrault podedes saber que os contos non foron inventados totalmente por el senon que eran contos populares que se contaban de forma oral ata que decidiu escribilos e reunilos nun libro que era coñecido polo nome de "Contos de mamá Oca". E tamén foi o precursor de engadir unha moralexa ao final de cada conto.

Hoxe os caranguexos coñeceron un pouco sobre este home e mañá poderán colorear unha ficha sobre el traballando no seu escritorio pero se están impacientes por facelo podedes premer aquí e colorealo online.

Tamén podedes ler algún dos seus contos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario