Diccionarios

mércores, 20 de abril de 2016

Clasificamos animais

Os animais son seres vivos, eso significa que nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren.
Entre os seres vivos os máis coñecidos son os animais e as plantas. A diferenza entre eles é que os animais pódense desprazar pero non poden producir o seu propio alimento e polo tanto teñen que obtelo do seu entorno.

Xogo interactivo 1

Existen millóns de especies de animais no noso planeta e podemos clasificalos de varias formas.
Nós aprendimos a clasificalos da seguinte maneira:


Segundo a súa alimentación os animais poden ser CARNÍVOROS, HERBÍVOROS ou OMNÍVOROS.


Segundo o seu nacemento poden ser: VIVÍPAROS se nacen do ventre da súa nai ou OVÍPAROS se nacen de ovos.

 Xogo interactivo 2


Pronto aprenderemos outras clasificacións como os animais salvaxes y animais domésticos , vertebrados e invertebrados e por suposto, dentro dos vertebrados:  MAMÍFEROS, PEIXES, AVES, RÉPTILES E ANFÍBIOS.

Enlace actividades interactivas3

Enlace a actividade e xogos interactivos en galego 4





Para disfrutar do inglés en casa, recoméndovos Magic English. É doado e moi divertido. Deixo este dos animais salvaxes pero tedes sobre as cores, etc.




Ningún comentario:

Publicar un comentario