Diccionarios

xoves, 9 de xuño de 2016

"O río" de Manuel María, "Os soños na gaiola"

Poema de Manuel María cantado polos nenos e un só de flautín de Hugo





O RÍO
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén.

¡O río canta prás arbores
paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados
e prás nubes viaxeiras!

A todos di o seu cantar
con escuro e claro son.
¡ A todos di o seu cantar
aunque lle escoiten ou non !

Ningún comentario:

Publicar un comentario